4/3/13

Proxecto-piloto E-LBE: lectores electrónicos

O 20 de febreiro, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu a presentación dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria destinada aos centros incluídos no PLAMBE. Dun total de 327 solicitudes seleccionáronse  25 centros que cumprían os requisitos da convocatoria: 
- compromisto coa biblioteca escolar (manifestado na memoria do curso anterior)
- e instalación en concellos rurais galegos. 

A nosa biblioteca foi unha das seleccionadas e contamos con 4 dispositivos de lectura electrónica que teremos que utilizar en función dos obxectivos do Proxecto Lector do Centro coa orientación  do equipo de biblioteca. 
O  proxecto busca, fundamentalmente, proporcionar ao alumnado novas experiencias de lectura. 
Á final de ano teremos que participar, mediante un formulario, na elaboración dun informe para a valoración desta experiencia.

+ Info: IMIT (Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica) 



No hay comentarios:

Se ha producido un error en este gadget.